RECENSIÓN DE MARIO REGUEIRA

Recensión de Mario Regueira en Sermos Galiza (22-12-2016)

mario-regueira-sermosgaliza-22-12-2016

Advertisements

A BOCA DO MONTE FINALISTA DOS PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO

A BOCA DO MONTE finalista dos Premios Frei Martín Sarmiento 2016-2017 na categoría 1º e 2º de ESO.

Unha fantástica noticia posto que é un premio que conceden os rapaces e rapazas que votan os libros que máis lles gustaron.  Nesta ocasión escollerán entre  A boca do monte e O inspector Chumbo, de Xosé Lois Ripalda.

En maio saberase o veredicto, mais xa é un premio ter sido seleccionada 🙂

SOLDADOS HISPANOS NO EXÉRCITO ROMANO

A presenza no exército romano de tropas auxiliares integradas por indíxenas é un aspecto varias veces citado n’A boca do monte. O personaxe, aínda que non o único, que representa ese colectivo é Lucio Pompeio Reburro, cunha presenza importante na historia  e a quen se lle dedica un capítulo enteiro, o XI.

Lucio Pompeio Reburro inspírase nun personaxe real. O seu nome pode lerse nunha lápida incluída no volume II do Corpus Inscriptionum Latinarum, sinalada co número 2620 (CIL II, 2610= Roldán nº 760). A inscrición apareceu no 1680 preto da ponte da Cigarrosa e actualmente está a carón da igrexa de San Estevo da Rúa. Polo tipo de letra suponse que é do século II ou III. Narra a carreira militar deste home que culmina co seu ingreso na garda pretoriana.

IMG_3348

Na ficción novelesca, Reburro formou parte das tropas auxiliares que loitaron na Dacia. Máis tarde intégrase na Lexión e vixía os traballos de perforación do túnel, en concreto como optio, é dicir, o lugartenente do centurión ao que axudaba na táctica e no mantemento da disciplina e a forma física dos soldados.  As motivacións e vantaxes que para unha persoa coma el tiña o ingreso no exército, están explicadas na páxina 75:

A carreira militar ofrecía moitas oportunidades. Así o viran, igual ca el, outros astures e galaicos desexosos tamén de facer carreira ao servizo de Roma e  decididos a combater alí onde a política imperial o demandase.”

A presenza de soldados indíxenas no exército romano é un tema moi estudado polos historiadores. Destaca, principalmente por NARCISO SANTOS YANGUAS (Universidade de Oviedo), autor de libros e artigos nos que cita numerosas fontes epigráficas, inscricións, estelas funerarias e diplomas militares principalmente. Algúns textos de doado acceso son:

-“Las cohortes de astures y galaicos en el ejército imperial romano” publicado no Boletín Auriense IX (1979), pp. 113-128

-“La cohorte I de astures y galaicos en territorio norteafricano”. Este texto  comeza con estas palabras.

La presencia de individuos de origen astur (e igualmente galaico) en las filas del ejército romano constituye, junto a la participación en las actividades mineras del oro como mano de obra no especializada, uno de los más significativos elementos de integración de las comunidades indígenas septentrionales en las formas de vida romana […] De esta manera la presencia de astures y galaicos en las filas militares romanas se realizaría a través de reemplazos continuados, que solo en una primera fase se equipararían con reclutamientos forzosos, dado que poco después pasarían a ser voluntarios.[…]
Así pues, sabemos que, al darse por finalizada la anexión del territorio septentrional ibérico, el Estado romano, con el fín de facilitar el dominio de esas poblaciones rebeldes y asegurarse en el período inmediato los ingresos que las minas podían proporcionarles, basará su política en el control y ocupación organizada del mismo (tratando de hacer posible la presencia de los indígenas astures, así como cántabros y galaicos, en su ejército).[…]
En las décadas inmediatas a la pacificación del cuadrante nordoccidental hispano (en parte coincidiendo ya con los años de lucha de las guerras astur-cántabras) tendría lugar la formación de una amplia línea fronteriza en el Rín, Pannonia y Dalmacia.
La necesidad de abastecer de militares este extenso limes obligaría al primer emperador romano a recurrir en innumerables ocasiones a los componentes de las nuevas poblaciones incorporadas al Imperio, que serían empleados como cuerpos de tropas auxiliares

Aborda tamén  a procedencia xeográfica deses soldados.

“De esta manera desde los inicios del siglo I d.n.e. se configurarán destacamentos de tropas auxiliares (alas y cohortes), integrados en el momento de su formación por elementos exclusivamente galaicos (lucenses, bracarenses, lemavos, gigurros), astures (distintas alas y cohortes)6 y cántabros7, a pesar de que ocasionalmente se diese la mezcla de soldados originarios de estas poblaciones (unidades mixtas de astures y galaicos)”,

-O capítulo VI do libro El ejército y la romanización de Galicia está dedicado “As unidades de tropas auxiliares de Gigurros e Lemavos”

A este respecto contamos además con tres unidades militares integradas por galaicos procedentes de grupos sociales inferiores al de los lucenses: se trata del ala I de los gigurros, del ala I de los lemavos y de la cohorte I de los ciudadanos romanos lemavos

Outros textos de diferente autoría que se ocupan deste tema son:

-“Hispanos en la conquista de Dacia”

“Por último, en el año 105, con el objetivo de participar en la 2ª guerra en Dacia (105 – 106), Trajano formó la Legio XXX Ulpia Victrix, formada exclusivamente por hispanos. La XXX Ulpia Victrix tuvo su primer campamento en Dacia, aunque unos años después fue trasladada a Germania.

-“Soldados hispanos en los ejércitos del Imperio Romano

Pudiendo recogerse testimonios seguros de 80 unidades de hispanos en los ejércitos de Roma, unidades de asturum, arevacorum, gallaecorum, ausetanorum, vettonum, celtiberorum, o vasconum.”

Podemos acceder tamén a unha ampla listaxe de alas e cohortes coa indicación da súa procedencia  (Lemavorum, Asturum, Lucensium…) (https://en.wikipedia.org/wiki/List_of_Roman_auxiliary_regiments)

Mesmo podemos visualizar un diploma presente no Museo Romano de Weißenburg (Bavaria ): “Military diploma ( 107 AD ) for Mogetissa, a Boian soldier of the Ala I Hispanorum Auriana, and his wife and daughter”. Sería interesante descubrir máis información acerca desta Ala denominada “Auriana”!!!. (https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Ala_I_Hispanorum_Auriana)

800px-RMW_-_Militärdiplom_1

 

 

 

O OURO DO SIL NA POESÍA E NA MÚSICA

A presenza na literatura do ouro do Sil e do túnel romano de Montefurado vén de lonxe. Centrándonos no xénero poético, podemos sinalar varios textos que se centran no impresionante furado perforado nas entrañas da montaña, sen esquecer as aureanas que apañaban as pebidas que o río ía deixando ao seu paso.

MANUEL MARÍA

O poeta chairego, tamén quirogués por liña materna  (“A miña avoa Consuelo, A Quiroguesa”,  do Hospital, aludida en varios poemas) é autor de dous poemas dedicados ao túnel de Montefurado.

O primeiro é un soneto incluído no libro Sonetos ao Val de Quiroga (1988), publicación do Concello de Quiroga,  que conta cunhas fermosas ilustracións de Teixelo (Pin)

Pequeno e vello, ti, Montefurado,
evocas a túa vida estraordinaria,
mitade real, mitade lexendaria:
¡tés por ollos ao monte taladrado!

Andas a cavilar rebrilos de ouro,
baixo a sombra amiga das montañas,
minúsculos horteiros, breves brañas
e salmodias do Sil terrible e mouro.

Mentira foi, cecáis, a tua grandeza
e verdade feroces desenganos
con fames e delirios de riqueza.

Pese á fatalidade, malia aos anos,
á vulgaridade xorda e a tristeza:
¡aínda tés en pé os túneles romanos!

POEMA MANUELMARIA-PIN

 E  volve sobre o tema no 2003 no Cancioneiriño de Valdeorras.

CANCIÓN DE MONTEFURADO

Montefurado é un monte
furado pola avaricia
da vella Roma imperial
que saqueou a Galicia.

Montefurado é un monte,
un penedo rexo e mouro
¡e garda a viva lembranza
dos buscadores de ouro!

Montefurado é un monte
que obrigou ao vello Sil
a dar un berro de dor
e camiñar máis baril.

Montefurado é un monte
furado polos romanos:
¡os seus furados son ollos
que semellan case humanos!

 

Mais non é Manuel María o primeiro que se ocupa deste espazo.   Xa no século XIX escribe VALENTÍN LAMAS CARVAJAL dous poemas nos que se centra na figura das aureanas  que recollen as pebidas de ouro no Sil

  AS AUREANAS D’O SIL

 Mainiñas cal as pombas d’as ribeiras
Xeitosas cal-os xuncos d’as cañadas,
Subrimes, vaporosas com’as fadas,
Tal son as aureanas feiticeiras.

Aluma o sol o val, doura as pradeiras,
Y elas buscan n’as augas sosegadas
As areas de ouro cobizadas;
Mais ven á noite, e fuxen pesareiras.

O Sil é seu amar, a sua alegria,
Teñen n’el sempre fixo o pensamento,
Canto pracer seu corazon ansía;

Lonxe d’alí, de triste acabamento
A garrida aureana morrería,
Cal morre a fror sin-o arrolar d’o vento.

E de novo nestoutro poema:

 Pol-a forza invencibre d’o traballo.
Ti ves correr o Miño maxestoso
Alá lonxe, n’as terras ourensanas,
E vel-o Sil, que leva seu tesouro,
N’as areas de ouro
Que recollen as virxes aureanas: […]

 Nos inicios do século XX, RAMÓN CABANILLAS publica  un poema  de temática amorosa centrado na figura mítica das aureanas.

AUREANA DO SIL

 As areas de ouro,
aureana do Sil,
son as bágoas acedas
que me fas chorar ti.

Se queres ouro fino,
aureana do Sil,
abre o meu corazón,
tés de atopalo alí.

Co que collas no río,
aureana do Sil,
mercarás cando moito
un amor infeliz.

Para dar cun cariño
verdadeiro has de vir
enxoitar os meus ollos,
aureana do Sil!

(A rosa de cen follas, 1927)

 O compositor Federico Mompou musicou este poema en 1951 para interpretación vocal no lied “Aureana do Sil”, estreado no Liceo Recreo de Ourense en xuño dese ano pola soprano Carmen Pérez Durias, acompañada ao piano por Carmen Díaz Martín. Poden escoitarse en youtube diversas versións, entre elas ESTA  (A estrofa 2ª non aparece no libro orixinal)

O túnel romano e o ouro do Sil aparecen tamén no poema FOTOGRAMAS DENDE A BEIRA (2014) de CELIA PARRA DÍAZ.

SECUENCIA 1. INTERIOR / DÍA – Vagón de tren serpeando a ribeira

Un fulgor

no gume da navalla.

Así o tren polo val.

 

Desde a fiestra a paisaxe toda en plano secuencia

bramando exuberante

que a maior beleza se alonga

fóra de cadro.

[…]

SECUENCIA 3. INTERIOR / DÍA – Vagón de tren. Canóns do Sil. Solpor

[..]

E adiviño na superficie o escintilar antigo das pebides

imaxino os servos do César dinamitando Montefurado

só para peneirar esa estrela extinta

que fará brillar o pescozo

das súas amantes.

[…]

A boca do monte remata cun epílogo a modo de cantar de cego.

ROMANCE DE MONTEFURADO 2

Seguramente non sexan estes os únicos textos poéticos sobre o tema. Pescudar outros será unha tarefa interesante!

A BOCA DO MONTE: HISTORIA, TRADICIÓN ORAL E FICCIÓN NOVELESCA

A boca do monte é unha novela histórica posto que parte de sucesos reais, ben documentados por estudosos e especialistas. Mais os datos verídicos por estes aportados  non son os únicos alicerces. Historia e ficción, tradición oral e fantasía, son as  bases nas que se sustenta esta novela. Foron moitas as fontes bibliográficas consultadas e tamén moitas as consultas e conversas sobre o tema que me foron achegando a unha historia que me fascinou e botou a andar a miña imaxinación.

O túnel de Montefurado, construído en época de Traxano, dá testemuño, xunto coas Médulas, da gran importancia que a extracción de ouro tivo para o Imperio Romano. Máis de sesenta minas no concello de Quiroga, unhas trinta no de Ribas de Sil e outras tantas no de Folgoso do Courel sitúan a esta comarca como unha das máis relevantes zonas auríferas da Hispania.

Son numerosos os testemuños de autores latinos que corroboran a relevancia do ouro na época do Imperio. Entre eles:

Co ouro galego variadas / as vestiduras de matronas nobres. (Silio Itálico.  Séc. I DÉCIMO C.)

“Nin te privas de vaixelas decoradas co ouro galaico”  (Marcial. Séc. I-II DÉCIMOC.)

Reais son tamén os topónimos e en  todos eles está documentada a presenza de asentamentos prerromanos ou romanos. O Castro de Ares, na beira do Sil, a pouca distancia da desembocadura do Lor en Augasmestas, datado na Idade do Ferro, probablemente constituíu un punto de control das vías de comunicación e das explotacións mineiras espalladas nas dúas marxes do río. Así mesmo, está documentada a Vía Agrade-Petín por Dactonium, que enlazaba as explotacións auríferas de Montefurado e a conca baixa do río Lor cos portos de Iria Flavia.  Desde Barxa do Lor continuaba ata o Courel por ambas marxes do río.

Tamén a tradición oral recolle diversas lendas en torno a este tema. Así dise que o topónimo Sesmil débese á instalación nese lugar dun lexión romana, seis mil homes polo tanto, que algúns identifican como a Legio VII Gemina, que substituiría á VI Victrix, chegada desde Legio. Tamén conta a tradición que no lugar da Enciñeira existía un bosque desta árbore que foi esquilmado cando se abriu o túnel.  E igualmente refírese a existencia dun castelo ou torre da Pena do Corvo.

Son elementos de carácter etnográfico a introdución de vides e oliveiras no Val do Sil en época romana.  E o mesmo acontece en relación coa figura das aureanas.

Reais son tamén algúns personaxes, aínda que libremente recreados para que interactúen cos seres de ficción.

MARCO ULPIO TRAXANO: Emperador de Roma entre o 98 e o 117, ano da súa morte. Tendo en conta as alusións ás guerras dacias, á construción da columna Traxana (rematada no 114) e ao anuncio dunha nova campaña militar, a historia novelada podería situarse a partir do 107 e antes do 117.

DÉCIMO IULIUS CAPITO. O seu nome figura nunha inscrición que o identifica como procurator metallorum das minas do NO entre os anos 113 e 115. Co cal a historia novelada transcorrería a partir do ano 113.

LUCIO POMPEIO REBURRO: O seu nome pode lerse nunha lápida incluída no volume II do Corpus Inscriptionum Latinarum, sinalada co número 2620 (CIL II, 2610= Roldán nº 760). A inscrición apareceu no 1680 preto da ponte da Cigarrosa e actualmente está na igrexa de San Estevo da Rúa. Polo tipo de letra suponse que é do século II ou III. Narra a carreira militar deste home que culmina co seu ingreso na garda pretoriana. Segundo a lápida veu morrer no seu lugar de nacemento

Placa de Lucio Reburro - A Rúa- (1)

L(ucio) Pompeio L(uci) f(ilio) Pom(ptina tribu) Reburro Fabro/ gigurro calubrigen(si)/ probato in coh(orte) VII pr(aetoria)/ beneficiario tribuni/  tesserario in c(enturia)/ optioni in c (enturia)/signifero in c (enturia)/ fisci curatori/ corn(iculario) trib(uni) / evoc(ato) Aug(usti)/ L(lucius) Flavius Flaccinus / h(eres) ex t(estamento)

“A Lucio Pompeio Reburro Fabro, fillo de Lucio, da tribo Pomptina, gigurro natural de Calúbriga, experimentado na cohorte XII pretoria, beneficiario do tribuno, tesserario na centuria, optio na centuria, portaestandarte na centuria, procurador do fisco, corniculario do tribuno, chamado polo emperador, o seu herdeiro Flavio Faccino (erixiuno) de acordo co testamento.”

Historia e lenda mestúranse coa fantasía co obxectivo de dar vida a un episodio relevante da nosa historia. Esta novela pretende glosar a xesta colectiva duns homes e mulleres de hai dous mil anos, particularizada na peripecia individual duns poucos personaxes.